

Tamén tivemos programa especial na semana da Paz.
Seguiremos emitindo programas especias nas diferentes festas e conmemoración que se fagan ó longo do curso, con proxectos de aumentar os días de emisión para o vindeiro curso.

Os rapaces xa están a preparar o programa para o Entroido, na elaboración dos programas colaboran tódolos niveis, aportando información e ideas, indo a recitar as súas poesías, contando adiviñas, contos, facendo dedicatorias, cantando catigas... Facemos alguhas entrevistas e moitas cousas máis. Os locutores, redactores e equipo de son está formado por rapaces do 3º nivel, cada clase fai un programa.
Tamén temos un buzón da radio para que tanto nen@s, familias, e equipo docente podan meter as suas propostas e suxerencias.